IV Edición Premios EXERIA 2024 | |||
O día 13 de xullo, celebrouse na Biblioteca EMAO o acto de entrega dos Premios EXERIA 2024 de Relatos Curtos, convocado pola Fundación Xoán Piñeiro e o Ateneo Atlántico. | |||
O acto contou coa presenza da presidenta do Ateneo, Luisa Abad e de Helena Pousa en representación da Fundación Xoán Piñeiro. | |||
Fixo pública a decisión do xurado Inma López Silva, presidenta do mesmo e madriña de honra de esta edición do certame. | |||
Toñi Caseiro leu o relato gañador desta edición. | |||
A actuación musical correu a cargo de Uxía. | |||
Segundo acta do xurado, o gañador do primeiro premio foi Francisco Javier Fernández Davila, co seu orixinal O derradeiro alento do boi, e o accésit recaeu en Soledad García Riveiro por Unha aldea de luz. | |||
Carmen Piñeiro entregou, a escultura realizada por Cuqui Piñeiro, correspondente ao primeiro premio. | |||
Vídeo entrega dos premios | |||
Reunión Fundacion | |||
Con data 2 de decembro deste ano 2023, reuniuse o Padroado da Fundación. Entre os puntos que se trataron, están os seguintes: A elaboración do monográfico da Colección Nerga e o Diario de Artista, que nesta segunda edición estarán dedicados aos escultores Silverio Rivas e Fernando Casás, respectivamente; a colaboración coa Facultade de Xeografía e Historia da USC; a colaboración co Ateneo Atlántico para o Certame Literario “Exeria”; as xestións realizadas para poñer en marcha o Museo Xoán Piñeiro; A creación de roteiros, co obxectivo da poñer en valor a obra pública escultórica de artistas en diferentes cidades ou vilas; alertar sobre as prácticas de vandalismo que con frecuencia fan desaparecer obra pública; ampliación do Padroado, coa incorporación de Mirian Elena Cortés López, profesora na USC da Facultade de Historia. | |||
Festa da Arte XI | ||
Entrega de los premios EXERIA | |||
O día 13 de xuño de 2023 entregáronse os premios Exeria na súa terceira edición. | |||
Abriu o acto a cantautora M J Pérez coa interpretación de "O fío do que pendo" | |||
A presidenta do Ateneo, Luísa Abad, agradeceu aos patrocinadoras deste ano: Terras Gauda e Vieira, S. A., ademais da EMAO que moi xenerosamente ofrece o salón onde se desenvolve o acto. | |||
Helena Pousa, representante da Fundación Xoán Piñeiro e coorganizadora deste premio, falou sobre as dificultades que ten escribir un bo relato curto. | |||
Fernando Fernández, entregou a Pablo Nogueira campo por "Nó de mariñeiro" o diploma acreditativo do accesit e un talón por importe de 500 euros. | |||
Cuqui Piñeiro, membro desta Fundación, entregou o primeiro premio a Lois Alcayde Dans polo relato "Lugar fermoso" consistente nun cheque de 1000 euros, diploma e estatuta de bronce do que é autora. | |||
Rematouse o acto con outra peza musical de M. J. Pérez "Ora aperta amor" e pasamos a gozar dun viño galego e petisctos para celebrar estes premios no Patio de Gaitas da EMAO. | |||
1º Roteiro Entre Esculturas | ||||
O pasado día 25 de maio, a Fundación Xoán Piñeiro xunto co Ateneo Atlántico e o Instituto de Estudos Vigueses, organizaron o 1º Roteiro Entre Esculturas, unha iniciativa cuxo obxectivo pretende recoñecer e reflexionar sobre a escultura pública da cidade de Vigo. | ||||
Este primeiro roteiro foi acompañado por Cuqui Piñeiro, José Luís Mateo e Mercedes Bangueses, comezou na Praza de Xoán Piñeiro, e continuou pola Praza da Independencia e a Praza de América, onde rematou cunha intervención de Silverio Rivas, autor da Porta do Atlántico. | ||||
Algunhas imaxes do acto: | ||||
3º edición Certame "EXERIA" de Relato Curto 2023 | ||||
1.Este premio Exeria está convocado pola “Fundación Xoán Piñeiro” e o “Ateneo Atlántico” de Vigo e co patrocinio do grupo “S. A. Eduardo Vieira” e “Bodegas Terras Gauda”. | ||||
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen con un relato orixinal, inédito e non premiado. | ||||
3. O relato terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres incluídos os espazos e o título. Estará encabezado polo título, sen asinar e mecanografado cunha letra de 12 p. e a dobre espazo. | ||||
4. Os relatos axustaranse ao tema xenérico: “A ría, aperta de sal”. | ||||
5. Estableceranse dous premios que estarán suxeitos ás correspondentes retencións fiscais: | ||||
1º premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro. | ||||
2º premio: Accésit de 500 euros. | ||||
6. Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal | ||||
- No asunto do correo figurará o lema "Certame Exeria 2023". | ||||
- Ao correo xuntaranse dous documentos: un, co relato e o título, non levará ningún tipo de identificación. No segundo figurará o título do relato, o nome completo e o número de teléfono móbil do autor ou autora. | ||||
- As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío. | ||||
7. O prazo de presentación de orixinais comezará o 1 de marzo e rematará o 10 de maio de 2023. | ||||
8. O xurado estará presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural e integrado polas dúas gañadoras do Premio Exeria do ano 2022, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. O xurado completarase coa secretaria do certame, que contará con voz e non terá voto. | ||||
9. O ditame do xurado darase a coñecer nun acto público, convocado a tal fin, unha semana antes da entrega de premios que terá lugar ao longo do mes de xuño. | ||||
- A resolución do xurado será inapelable. | ||||
10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso de participar como xurado no 2024. | ||||
Vigo, 1 de marzo de 2023 | ||||
Faladoiro de Buciños no Teatro Principal de Ourense | |||
Imaxes do acto FALADOIRO CON BUCIÑOS celebrado no Teatro Principal de Ourense, o día 6 de octubre de 2022, correspondente a 1ª Edición de Diario de Artista, aprazado desde 2022 debido á pandemia do COVI: | |||
Silvia Penas nun momento da interpretación de "Buciños ou modelar o amor co vento": | |||
Festa Artística do Verán 2022 | |||
Un pracer colaborar como Fundación neste importante evento que seguro continuará ao longo dos vindeiros anos e que nós seguiremos apoiando. | |||
Parabéns a nosa compañeira e membro do padroado da Fundación Xoán Piñeiro pola magnífica exposición que organizou no marabilloso entorno da sua galería A+B co gallo da Festa Artística do Verán 2022. | |||
Fotos de Marcos Rodríguez. | |||
2º edición Certame Literario - Relato breve EXERIA | ||||
A Fundación Xoán Piñeiro en colaboración co Ateneo Atlántico, e baixo o Patrocionio de Grupo Eduardo Vieira e Bodegas Terras Gauda, convoca a segunda edición do certame Literario Exeria de acordo coas seguintes bases: | ||||
1.- II Certame "EXERIA" de Relato Curto 2022 | ||||
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen con un relato orixinal, inédito e non premiado. | ||||
3.- O relato terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres incluídos os espazos e o título. | ||||
Estará encabezado polo título, sen asinar e mecanografado cunha letra de 12 p. e a dobre espazo. | ||||
4.- Os relatos axustaranse ao tema xenérico: “Vigo, futuro imperfecto”. | ||||
5.- Estableceranse dous premios que estarán suxeitos ás correspondentes retencións fiscais: | ||||
1º premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro. | ||||
Accésit de 500 euros. | ||||
6.- Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal | ||||
No asunto do correo figurará o lema "Certame Exeria 2022". | ||||
Ao correo xuntaranse dous documentos: un, co relato e o título, non levará ningún tipo de identificación. No segundo figurará o título do relato, o nome completo e o número de teléfono móbil do autor ou autora. | ||||
As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío. | ||||
7.- O prazo de presentación de orixinais comezará o 1 de marzo e rematará o 10 de maio de 2022. | ||||
8.- O xurado estará presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural e integrado polas dúas gañadoras do Premio Exeria do ano 2021, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. O xurado completarase coa secretaria do certame, que contará con voz e non terá voto. | ||||
9.- O ditame do xurado darase a coñecer nun acto público, convocado a tal fin, unha semana antes da entrega de premios que terá lugar ao longo do mes de xuño. | ||||
A resolución do xurado será inapelable. | ||||
10.- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases. | ||||
Vigo, 1 de marzo de 2022 | ||||
Inauguración placa Rúa Xoán Piñeiro e presentación libro en Goián | |||
Entre os actos que a Fundación Xoán Piñeiro tiña previsto realizar para celebrar o centenario do nacemento do escultor, leváronse a cabo as seguintes actividades neste mes de novembro: | |||
Con data 19 de novembro de 2021 foi inaugurada en Goián (Tomiño), a placa que leva o nome da Rúa Xoán Piñeiro, cuio rostro quedou inmortalizado en bronce polo escultor Carlos Fernández con gran fidelidade. | |||
Vídeo da inauguración: | |||
Ese mesmo día no Centro Goianés, e a continuación do acto inaugural, foi presentado o primeiro dos libros que a Fundación vai dedicar á escultura, dentro da colección "Nerga": "Xoán Piñeiro". | |||
Participaban na mesa: Gustavo Hervella, un dos autores do libro, Cuqui Piñeiro, o presidente da Fundación, Xesús Vázquez e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. | |||
Certame liteario EXERIA: Entrega de premios | ||||
A Fundación Xoán Piñeiro e o Ateneo Atlántico, entregaron os premios do certame literario EXERIA na Escola Municipal de Artes e Oficios, nun acto con Silvia Penas como madriña, a música de Carmen Pením e Maurizio Polsinelli, con Anxo Cabadas e Xesús Vázquez presidente da FXP. | ||||
As autoras dos microrrelatos premiados son Nones Araújo e Andreia Costas e no apartado de poesía, Azucena Arias e Adela Pintado. | ||||
Vídeo-resumo | ||||
Álbum dixital BUCIÑOS OU MODELAR O AMOR CO VENTO | |||
A Fundación Xoán Piñeiro publicou o día 15 de maio de 2021, o Álbum dixital BUCIÑOS OU MODELAR O AMOR CO VENTO. | |||
Este proxecto literario-musical, realizado por cintaadhesiva con música de Jesús Andrés Tejada e poemas de Silvia Penas formaba parte da homenaxe dedicada a Buciños dentro da 1ª Edición de Diario de Artista, que a Fundación Xoán Piñeiro tiña previsto realizar o pasado ano, e que foi aprazado con motivo do COVI-19. | |||
Pódese acceder ao proxecto completo, aquí. | |||
Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro: Certame literario "Exeria" | |||||
A Fundación Xoán Piñeiro en colaboración co Ateneo Atlántico, convoca este certame de microrrelatos e de poesía "Exeria" (*). | |||||
Temática: "Andainas pola arte urbana viguesa" | Premios: | ||||
O tema é a cidade: a arte nas rúas: figuras escultóricas, monumentos, murais... | Microrrelato: Unha escultura elaborada pola artista Cuqui Piñeiro para a persoa gañadora e un vale para libros dunha librería da cidade para a finalista. | ||||
Poderá participar calquera persoa. | Poesía: Unha escultura elaborada pola artista Cuqui Piñeiro para a persoa gañadora e un vale para libros dunha librería da cidade para a finalista. | ||||
A extensión máxima para os microrrelatos será de 200 palabras. Para os poemas 150 palabras. | Composición do xurado: O xurado estará composto por cinco persoas: | ||||
Cada persoa participante en poesía ou narración poderá presentar tres textos como máximo. | Dúas da directiva do Ateneo (unha delas como secretaria con voz e sen voto) | ||||
A presentación dos textos farase por correo electrónico a este enderezo: | Unha persoa da Fundación Xoán Piñeiro | ||||
ateneoatlantico@gmail.com | Tres a escoller por sorteo entre as persoas asociadas. | ||||
Neste correo achegaranse dous arquivos: | O Ateneo resérvase o dereito de publicar na súa revista aqueles relatos e poemas que o xurado considere. | ||||
O título xunto co relato ou poema | |||||
PLICA: Título da obra, nome completo do autor/a e número de teléfono. | (*) | Incorporamos como proposta o nome de Exeria para denominar o concurso. Máis información sobre Exeria aquí. | |||
Data tope de presentación de traballos: 23 de abril de 2021 | |||||
Data do ditame: 17 de maio día das Letras Galegas. | |||||
Conmemoración 100 ANIVERSARIO do nacemento de XOÁN PIÑEIRO | |||
Desde a Fundación Xoán Piñeiro, con motivo da celebración do 100 Aniversario do nacemento do escultor, organizáronse varias actividades: | |||
Exposición da súa obra en Santiago de Compostela | |||
Publicación dun libro sobre a sua obra | |||
Diferentes actos nos concellos de Cangas, Vigo e Tomiño | |||