ACTIVIDADES>100 Aniversario nacemento de Xoán Piñeiro
Actividades en conmemoración do 100 Aniversario do nacemento de Xoán Piñeiro
     
Neste 2020, cúmprense cen anos do nacemento do escultor Xoán Piñeiro, que nacía en Nerga, un lugar da parroquia de Hío do concello de Cangas o 18 de outubro de 1920. Con este motivo, esta Fundación, traballa na realización das seguintes actividades:
     
  RÚA NO CONCELLO DE TOMIÑO
 
O día 12 de novembro do presente ano, a iniciativa da fundación Xoán Piñeiro, o pleno municipal do concello de Tomiño, aprobou, por unanimidade de todos os grupos políticos presentes na corporación, colocar o nome de Xoán Piñeiro, á rúa que conduce ao lugar onde tiña o taller o escultor, situado no barrio de Tollo, en Goián. Argumentario petición rúa Xoán Piñeiro.
 
Con data 19 de novembro de 2021 foi inaugurada a placa que leva o nome da rúa Xoán Piñeiro, cuxo rostro quedou inmortalizado en bronce polo escultor Carlos Fernández con gran fidelidade.
 
Vídeo da inauguración:
     
 
 
 
 
 
     
  EXPOSICIÓN ANTOLÓXICA
Esta exposición, que pretende expoñer as principais pezas da longuísima carreira do escultor, estaba prevista realizala para o mes de Novembro, tendo que ser adiada ata novo aviso, dada a evolución da pandemia do coronavirus COVID-19.
 
Data exposición: Pendente
Lugar: Igrexa da Compañía ou da Universidade
Enderezo: Praza da Universidade, Santiago de Compostela, 15703
 
     
  LIBRO SOBRE AS CARACTERÍSTICAS FUNDAMENTAIS DA SÚA OBRA
  Título: O ESCULTOR XOÁN PIÑEIRO. O soño dun artista.
  Coordinadora: Chus Martínez Domínguez (Historiadora da Arte)
Prólogo introductorio: Chus Martínez Domínguez
Xoán Piñeiro. Circunstancias e azares dunha vocación: Chus Martínez Domínguez e Gustavo Herv ella García (Historiador, Grupo HISTAGRA-USC)
Xoán Piñeiro. A expresión dun escultor: Miriam Elena Cortés López (Doutora en Historia da Arte)
A Escultura Urbana de Xoán Piñeiro: Carla Fernández Martínez (Doutora en Historia da Arte - Universidade de Oviedo)
  Colaboran: Concello de Tomiño, Concello de Cangas e Xunta de Galicia.
 
Presentacións libro:
     
  XORNADA SOBRE XOÁN PIÑEIRO NA "CASA MUSEO A MANGALLONA", CANGAS
NestaCasa Museo A Mangallona,foi organizada, por Camilo Caamaño, unha xornada de visitas para dar a coñecer a obra de Xoán Piñeiro.
 
Este mesmo artista, rememoraba o centenario de Xoán Piñeiro, con data 18 de outubro, día do seu nacemento, publicando un artigo no Faro de Vigo, titulado "No centenario do escultor Xoán Piñeiro", cuxo texto pódese ler nesta mesma páxina web, ou ben no propio periódico, na edición do Morrazo.
 
     
  ACTO CONMEMORATIVO NO CONCELLO DE VIGO
 
O 18 de novembro do presente ano, a fundación Xoán Piñeiro lembraba ao escultor cun acto conmemorativo en Vigo, na praza que leva o seu nome.
 
Ao acto asistiron o presidente desta Fundación, Xesús Vázquez; Abel Losada, concelleiro de Cultura e Emprego por parte do Concello de Vigo; e Carmen Álvarez, viúva do escultor.
 
 
     
Volver