A Fundación Xoán Piñeiro presenta a I Edición do Diario de Artista, dedicado aos escultores galegos coa intención de valorar o traballo recoñecible, pero tamén o silencioso e íntimo: velaí tamén o artista no seu medio. Nos fins desta Fundación está a valoración do traballo escultórico, tentando visibilizar todos e cada un dos aspectos da actividade plástica coa súa complexidade, procurando dignificar o traballo individual da creación, dándolle un maior alcance público e social. Somos sabedores da relación interminable de artistas dedicados á escultura que estamos obrigados a salientar. Iremos paso a paso. |