PROXECTOS
   
     
Colección NERGA    
     
A Fundación Xoán Piñeiro aprobou crear a colección de libros monográficos titulada NERGA para combater o abandono de pensar sobre a escultura.    
     
Esta serie de libros ten como obxectivo estudar ás escultoras e escultores de Galicia, pensar na súa obra e no seu tempo desde aquí e desde este agora que segue precisando reflexionar sobre as formas que ocupan o espazo.    
     
   
     
Exposición obra Xoán Piñeiro   Diario de artista
     
A Fundación Xoán Piñeiro está a traballar para realizar unha exposicion da obra do artista no espazo do Pazo de Fonseca de Compostela.   Entre os ambiciosos proxectos asumidos pola Fundación está, o de promover e colaborar na edición dun Diario de Artista que se realizará, dentro da especialidade da escultura, a unha personalidade artística contemporánea. No 2019, o artista elixido foi Manuel García de Buciños, mestre da arte galega e importante referente da actividade escultórica.
     
Fundación Xoán Piñeiro   Fundación Xoán Piñeiro
     
Defensa do patrimonio escultórico   Convenios entre USC e FXP
     
A defensa do patrimonio escultórico acóllese como outro destacado propósito da Fundación Xoán Piñeiro. Partindo do coñecemento do estado de conservación do patrimonio escultórico de Galicia calquera que sexa o seu réxime xurídico, titularidade, natureza, etc; procederase a articular os mecanismos necesarios para a súa protección, conservación, rehabilitación, revitalización, mellora e fomento. Para conseguir esta finalidade potenciarase a colaboración con persoas, organizacións, entidades e institucións municipais, provinciais e nacionais.   A Fundación Xoán Piñeiro ten asinado dous convenios: Un xeral coa Universidade de Santiago de Compostela e outro coa Facultade de Arte da USC. Implican ao alumnado que cursa o nivel de grao e tamén de máster que poderían facer prácticas na Fundación. Estes convenios teñen como obxectivo contextualizar, clasificar e analizar a obra do escultor Xoán Piñeiro e de outras personalidades artísticas, así como traballos de investigación sobre a escultura galega.