BIOGRAFÍA
Xoán Piñeiro nace en Nerga, lugar da parroquia de Hío do concello de Cangas o 18 de outubro de 1920, pero as circunstancias territoriais e emocionais que contribuirían a súa formación como persoa e artista decorren, ademais de en Cangas, en Vigo e en Goián (Tomiño).
A súa preparación académica fluíu nun longo camiño de estadías en lugares moi diversos: Vigo (1944), na Escola de Artes e oficios; Santander, para ampliación de estudo na Escola Taller de Talla e Imaxinería do escultor José Capuz; Madrid (1948), como bolseiro da deputación provincial de Pontevedra, compaxinando estudos entre a Escola de Artes e Oficios de Vallecas e a Facultade de Belas Artes de San Fernando; desta volta dúas bolsas de viaxe concedidas en 1952 e 1953 permítenlle, respectivamente, levar a cabo unha peregrinase artística arredor da tradición escultórica española e, a ampliar estudos en Francia e Italia. 
O seu primeiro obradoiro abriuno en Madrid no ano 1950. En 1962, abandona a capital española establecéndose en Vigo ata que, en 1965 monta o seu obradoiro definitivo en Goián, o lugar de nacemento da súa dona. A súa angueira artística centrase primordialmente na figura humana, de xeito máis figurativo nos sesenta, e cunha marcada tendencia a simplificación a partir dos setenta: maternidades, retratos e autorretratos en pedra e bronce manifestando un maxistral coñecemento de ambos materiais, e empregando diferentes técnicas. Grande parte do seu traballo escultórico é de temática relixiosa e tamén civil. O legado escultórico dun Xoán Piñeiro, dono da forma e soñador de novos volumes, pódese desfrutar en todos os museos de Galicia, e noutros de provincias españolas, en África e en coleccións institucionais.
Para máis información
         
   
Xoán Piñeiro   Xoán Piñeiro 1920-1980   Xoán Piñeiro
Eliseo Alonso. 1981.   Cuqui Piñeiro. 1990.   Vari@s autor@s 2021
 
Vídeo realizado por Xavier Pousa a Xoán Piñeiro no seu taller de Goián no ano 1974:
 
 
CRONOLOXÍA
1920: Nace en Nerga, Hío, concello de Cangas do Morrazo (Pontevedra).
1980: Morte do artista en Vigo (Pontevedra)
   
RELACIÓN CRONOLÓXICA DE ACTIVIDADES ARTÍSTICAS
   
1944: Ingresa na Escola de Artes e Oficios de Vigo.
1947: Recibe o seu primeiro premio a través dun Concurso da Obra Sindical de Artesanía coa talla en madeira de San Telmo.
  Marcha para Santander cunha beca do concello de Cangas para ampliar estudos na Escola-Taller de Talla e Imaxinería.
  Presentación de obra no Certame de Artesanía da cidade.
1948: Marcha cunha beca a Madrid e compatibiliza estudos entre a Escola de Artes e Oficios de Vallecas e a Facultade de Belas Artes de San Fernando.
1949: "Exposición Nacional Salón de Otoño", en Madrid.
1950: Monta un obradoiro en Madrid no barrio de Vallecas.
  Exposición de becarios da Facultade de Belas Artes de San Fernando.
  Premio como becario na"Exposición Salón de Otoño", coa obra "Meus Pais".
1951: I Bienal Hispanoamericana da Arte en Madrid.
1952: Concédeselle unha beca da Diputación Provincial de Pontevedra.
  Realiza unha peregrinaxe "artística" pola península para coñecer de propia man a tradición escultórica española.
  Exposición Nacional de Belas Artes en Madrid.
  X Salón de Artistas-Alumnos do Círculo de Belas Artes, en Madrid.
  Exposición na Diputación Provincial, Pontevedra.
1953: Concédeselle unha bolsa de viaxe para ampliar estudos e marcha a Francia e Italia en compañía do pintor Xavier Pousa.
  II Bienal Hispanoamericana da Arte.
1954: "Exposición Nacional Salón de Otoño", en Madrid.
1955: III Bienal Hispanoamericana da Arte, en Barcelona.
  "Exposición Nacional Salón de Otoño". 2ª Medalla coa obra "Meus Pais".
  "Círculo de Bellas Artes", Madrid.
1956: Casa con Carmiña Álvarez.
  "Exposición Nacional Salón de Otoño", en Madrid. 1ª Medalla e premio extraordinario de Madrid ca obra "Expiación".
1957: Nace a súa filla Carmen Gloria
  Exposición na Diputación Provincial de Pontevedra.
  "Exposición Nacional Salón de Otoño", en Madrid.
1959: "Exposición Nacional Salón de Otoño", en Madrid.
1960: Nace a súa filla Cuqui.
  "Exposición Regional de Arte". Museo Quiñones de León, en Vigo.
  Exposición de becarios da Diputación Provincial de Pontevedra.
1961: Exposición de Arte Conmemorativa do XXX Aniversario do Primeiro Salón de Artistas noveles de Vigo. Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.
1962: Regresa a Galicia e instálase en Vigo. Monta un taller nun anexo ás murallas de O Castro.
1963: "II Certamen Nacional de Artes Plásticas", no Palacio del Retiro, en Madrid.
  Exposición de Escultura. Caixa de Aforros de Vigo.
1964: Exposición de Escultura. Casino Recreativo de Cangas.
  "XXV Años de Arte Español". Madrid.
  Exposición de Escultura no Hostal dos Reis Católicos, en Santiago de Compostela.
1965: Monta o seu taller definitivo na parroquia de Goián, concello de Tomiño.
  Exposición de Escultura. Caixa de Aforros de Vigo.
1966: Nace a súa filla Belén.
  Exposición no Ateneo. Pontevedra.
  "Exposición Nacional de Bellas Artes", en Madrid.
1967: Exposición-Concurso Nacional de Escultura. Palacio do Retiro, en Madrid.
  1ª Exposición de Arte ao aire libre. Praza da Princesa, en Vigo.
1969: Comeza a súa experiencia en fundición de bronce mediante o proceso de cera perdida.
  "II Bienal Internacional del Deporte en las Bellas Artes". Comité Olímpico Español. Palacio del Retiro, en Madrid.
  I Bienal Provincial de Arte, en Pontevedra.
1970: Nace a súa filla Marta.
  Exposición Nacional de Arte Contemporánea, en Madrid.
  "I Bienal Regional de Arte", en Pontevedra. 2ª medalla coa obra "Maternidade".
  Exposición de Escultura no Pazo Municipal e Xardíns de San Carlos, en A Coruña.
1971: Exposición no Círculo Mercantil e Industrial de Vigo.
  I Exposición Trienal Nacional de Pintura, Escultura, Debuxo, Acuarela e Gravado. Santiago de Compostela. 2ª Medalla coa obra "A Cea".
  I Bienal Nacional de Arte, en Pontevedra. 3ª medalla coa obra "Mariñeiros".
1972: "II Bienal Regional de Arte". Diputación Provincial de Pontevedra.
  I Concurso Exposición Nacional de escultura de pequeño formato. Valladolid.
1973: "IV Bienal Internacional del Deporte en las Bellas Artes". Comité Olímpico Internacional. Palacio de Cristal en Madrid.
  II Bienal Nacional de Arte, en Pontevedra.
  Exposición de Pintura e Escultura, en Valladolid.
  Exposición de Escultura. Caixa de Aforros de Vigo.
1974: Mostra de Escultura de Xoán Piñeiro. Caixa de Aforros. Santiago de Compostela.
  Exposición de Escultura ao aire libre. O Castro. Asociación de Escultores Galegos. Vigo.
1975: "Pintores y Escultores gallegos de hoy". Club Urbis. Madrid.
  Exposición-Homenaxe a Sprinter. Sala Torrado, en Pontevedra
  VIII Exposición de Arte ao aire libre. Praza da Princesa, en Vigo.
  Artistas Galegos no Hostal dos Reis Católicos. Galería Altamira, Santiago de Compostela.
1976: Exposición de Pintura e Escultura de artistas de Galicia Sur. Real Club Náutico. Vigo.
  II Bienal Internacional de Arte. Pontevedra.
  Exposición de Esculturas. Galería Souto Ourense.
  Concurso-Exposición de Pintura e Escultura lucense. Lugo.
1977: Colectivo de Escultores Galegos. Asociación de Escultores Galegos. León.
  II Bienal de Pintura e Escultura. Santander.
  1ª Exposición da Asociación de Escultores Galegos. O Castro. Vigo.
  Exposición de Escultura X. Piñeiro. Caixa de Aforros. A Coruña.
1978: Colectiva Homenaxe a Blanco Amor. Vigo.
  Exposición de Pintura e Escultura. Artistas Galicia Sur. Real Club Náutico de Vigo.
  Exposición de Escultura. Caixa de Aforros. A Coruña.
1979: I Bienal de Vila Nova de Cerveira. Portugal.
1980: Exposición retrospectiva. Colexio Nacional M. Suárez. O Rosal. Pontevedra.
  III Bienal Internacional de Artes Plásticas. Pontevedra.
  "Plástica Gallega". Caixa de Aforros. Vigo
  I Mostra de Artistas do Baixo Miño. Casa da Cultura. Tomiño. Pontevedra.
  Exposición dos Premios do Centenario do Círculo de Bellas Artes. Madrid.
  XII Exposición Nacional de Artes Plásticas. Valdepeñas.
  "Concurso-Exposición Nacional de pequeña Escultura". Museo Nacional de Escultura. Valladolid.
  I Concurso de Artes Plásticas. Concello de Alcobendas. Madrid.
  Exposición Antolóxica. Galería Arboreda. O Ferrol.
  Mostra Colectiva de Artistas de Cangas. Centro Cultural. Cangas do Morrazo. Pontevedra.
  Morre o 20 de decembro en accidente de tráfico de camiño ao taller.
1981: Mostra da obra dos artistas do Val Miñor e Baixo Miño. Casa da Cultura. Baiona. Pontevedra.
  II Mostra dos Artistas do Concello de Tomiño. Casa da Cultura. Tomiño. Pontevedra.
  Exposición Colectiva de Artistas Homenaxe a Xoán Piñeiro. Galería Novecento. Vigo.
  Edición do libro "Xoán Piñeiro" escrito por Eliseo Alonso.
  Mostra Antolóxica de Xoán Piñeiro. Caixa de Aforros. Vigo.
1982: Mostra Antolóxica de Xoán Piñeiro. Caixa de Aforros. Santiago de Compostela.
  Mostra Antolóxica de Xoán Piñeiro. Caixa de Aforros. A Coruña.
  Xoán Piñeiro, Antoloxía-Homenaxe. Museo Provincial de Pontevedra.
  Mostra de Escultura Galega. Casa da Cultura. Vilagarcía de Arousa.
  III Mostra dos Artistas do Concello de Tomiño. Casa da Cultura. Tomiño. Pontevedra.
1983: IV Mostra dos Artistas do Concello de Tomiño. Casa da Cultura. Tomiño. Pontevedra.
1984: Exposición Retrospectiva. Instituto de F.P. A Sanguiña, A Guarda. Pontevedra.
  VI Bienal Internacional de Arte. Pontevedra.
  V Mostra dos Artistas do Concello de Tomiño. Casa da Cultura. Tomiño. Pontevedra.
1985: Exposición Xoán Piñeiro. Caixa de Aforros. Vigo.
  Mostra dos Artistas do Baixo Miño. Casa da Cultura. Baiona. Pontevedra.
1986: Exposición Xoán Piñeiro. Caixa Ourense. Ourense.
1988: Exposición "Xoán Piñeiro 1920-1980". Palacio Municipal de Exposicións Kiosko Alfonso. A Coruña.
1989: Artistas galardoados nas Bienais "20 anos de Arte en Pontevedra". Diputación Provincial de Pontevedra.
  Exposición colectiva de artistas Fundación Caixa Galicia. A Coruña.
  Exposición Xoán Piñeiro 1960-1980. Casa da Cultura. Cangas do Morrazo.
1990: Exposición Xoán Piñeiro 1920-1980. Castelo de Soutomaior. Pontevedra.
  Exposición Xoán Piñeiro 1920-1980. Centro Cultural Caixa Vigo. Vigo.
1991: Galicia no Tempo. S. Martiño Pinario. Santiago de Compostela.
1997: Galicia, Terra Única. O Ferrol.
2003: Exposición "O Espello do mar na arte galega dos séculos XIX e XX". Museo do Mar. Vigo.
2005: Os Pensionados da Deputación Provincial de Pontevedra. Deputación Provincial. Pontevedra.
2013: "Gallaecia Pétrea". Exposición de escultura galega no Gaiás. Santiago de Compostela.
  Exposición "Taller e artista". Homenaxe do Concello de A Guarda. Casa dos Alonsos. A Guarda.
   
PUBLICACIÓNS MONOGRÁFICAS
   
1981 Xoán Piñeiro. Eliseo Alonso.
1990 Xoán Piñeiro 1920-1980. Cuqui Piñeiro. Deputación Provincial de Pontevedra.
2021 Xoán Piñeiro. Colección Nerga. Chus Martínez Domínguez (Coord.), Gustavo Hervella García, Miriam Elena Cortés López, Carla Fernández Martínez. Editado pola Fundación Xoán Piñeiro.
   
REPRESENTACIÓN EN COLECCIÓNS E MUSEOS
   
  Museo Marítimo Massó. Bueu. Pontevedra.
  Colección Fundación Caixa Galicia. A Coruña.
  Colección Caixa Vigo. Vigo.
  Museo do Pobo Galego. Santiago de Compostela.
  Museo Municipal Quiñones de León. Vigo.
  Museo Municipal Bello Piñeiro. Ferrol.
  Museo Provincial de Pontevedra.
  Museo Provincial de Lugo.
  Museo Nacional de Guinea Ecuatorial.
  Museo de Bellas Artes de A Coruña.
  Colección do Consorcio da Zona Franca de Vigo.
   
HEMEROTECA
  Entrar na hemeroteca, aquí
   
Retrato de Xoán Pieñiro. J. Viera
X. Piñeiro traballando no obradoiro
X. Piñeiro e Xavier Pousa
X. Piñeiro e Laxeiro
X. Piñeiro formándose
X. Piñeiro no obradoiro
Debuxo. Versión detalle da "Romería de San Isidro" de Goya