|
|
Convidámosvos a asistir a unha conversa con Buciños entre persoas que teñen anécdotas, sucedidos e experiencias próximas, que nos acheguen á sensibilidade e visión humana do artista. |
|
Será unha conversa conducida polo xornalista e escritor Camilo Franco, bo coñecedor do artista. |
|
A representación neste magnífico teatro ten tamén un magnífico comezo coa intervención escénica, musical e videocreación de cintaadhesiva: Buciños ou modelar o amor co vento, un poemario de Silvia Penas. Traballo e sensibilidade a partes iguais. Durante o faladoiro repartirase impreso o poemario. |
|
Lugar: Teatro Principal de Ourense (Rúa da Paz, 9, 32005) |
Nota: A entrada é libre e gratuíta, prégase recollela no despacho de billetes do Teatro Princial o mesmo día entre as 18:00 e 20:00 h |
Día e hora: xoves, 6 de outubro de 2022 |
|
Durante o acto estará á venda o libro Diario de Artista. Buciños. |
Como chegar |
|
Diante do impedimento de reunións, que o COVID-19 impuxo no ano 2020, a Fundación Xoán Piñeiro decidiu publicar o proxecto completo o día 15 de mayo de 2021. |
|
Cuberta Álbum dixital: |
Acceso ao Álbum dixital: |
|
|
Tamén queremos achegarnos ao sentir colectivo de apoio e defensa das artes escénicas ou se cabe inimaxinables, que testemuñen e dean boa mostra da nosa riqueza cultural nos distintos eidos. |
|