1ª Edición Diario de Artista > Cea
 
A cea de artista, celebrarase na sede social do Liceo de Ourense, o "Palacio dos Oca Valladares", unha xoia da arquitectura civil gótico-renacentista do século XVI, máis importante de Galicia, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2002.
 
Nesta cea pública de honra a Manuel Buciños, entregaráselle o libro Diario de artista. Buciños. Un libro, que nos achega á vida mesma do artista: obras, monumentos, espazos, ambientes, unha relación documental... Todo arredor das palabras do escultor nunha longa entrevista de Camilo Franco. O libro estará a venda durante o transcurso da cea.
 
A cea, celebrarase o día 5 de novembro deste ano 2022, ás 21 horas. As prazas estarán limitadas ás primeiras cen persoas que se anoten.
 
As reservas, faranse dando o nome e apelidos, número de teléfono ou correo electrónico a:
ceadeartista-bucino@hotmail.com
Ou ben chamando ao teléfono: 988 220 650
 
O importe do menú, 35 €, hai que ingresalo na seguinte conta habilitada polo Liceo: IBAN ES 78.2080.5251.4930.01127213
O prazo da reserva remata o día 2 de novembro de 2022.
 
 
Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal,5, 32005)
Día:
Como chegar
 
 
  O escultor Buciños, estivo arroupado nesta “Cea de Artista”, por familiares, amigos, outros compañeiros e compañeiras da profesión e autoridades.
 
O presidente da Fundación Xoán Piñeiro, Suso Vázquez, fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en lembranza dos distintos actos que se realizaron dentro desta primeira edición do Diario de Artista, dedicada a Buciños, e que pechan con esta cea homenaxe a toda unha extensa e sólida traxectoria, que abrangue un capítulo propio na nosa plástica contemporánea.