V Edición Premios EXERIA 2025 | |||
O Ateneo Atlántico de VIgo, xunto coa Fundación Xoán Piñeiro, e co patrocinio de Eduardo Vieira S.A. e Terras Gauda, convocan a quinta edición do Certame Exeria de relato curto. Os escritos, orixinais, inéditos e non premiados xirarán arredor do tema ‘Vigo na cabeza’ e axustaranse as bases que figuran a continuación. | |||
Bases da quinta edición do Certame Exeria de relato curto, 2025 | |||
1 Ábrese o prazo de presentacións de orixinais dende o 1 de marzo ata o 1 de maio. | |||
2 Poderán participar todas as persoas maiores de idade con un só relato, que sexa orixinal, inédito e non premiado. Ha de estar escrito en lingua galega e sen axuda da IA. | |||
3 O relato, mecanografado con letra tipo 12 e a dobre espazo, terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres, incluídos os espazos e o título. | |||
4 O lema será VIGO NA CABEZA. | |||
5 Establecerase un único premio de 1.500 euros, suxeito ás correspondentes retencións fiscais. | |||
6 Os relatos enviaranse ao enderezo do seguinte correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal | |||
7 No asunto do correo figurará Certame Exeria 2025 | |||
8 Adxuntaranse dous documentos: | |||
• O primeiro co relato e o título, sen ningún tipo de identificación. | |||
• O segundo, coa plica (título do relato, nome completo do autor ou autora e o número de teléfono). | |||
9 As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío. | |||
10 O xurado, presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural, estará formado polas persoas gañadoras do Premio Exeria 2024, ademais da designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. A secretaría do certame participará con voz pero sen voto. | |||
11 As narracións premiadas en varios anos poderán ser publicadas en edición non venal polas entidades promotoras. | |||
12 O ditame do xurado e a entrega do premio terá lugar na primeira quincena do mes de xuño. | |||
13 A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso da persoa gañadora de ser parte do xurado do próximo ano. | |||
Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro | |||
Vigo, a 1 de marzo de 2025 | |||
![]() |
|||
Aniversario de Antonio Fernández e doazón dun autorretrato do pintor á Fundación Xoán Piñeiro | |||
O pasado domingo 16 de febreiro, celebrouse unha homenaxe ao pintor Antonio Fernández polos 143 anos do seu nacemento na Aula Museo que leva o seu nome en Goián. Este artista estivo moi vinculado a Xavier Pousa e Xoán Piñeiro, cos que mantivo un forte lazo nesta terra. | |||
A familia do escultor Piñeiro aproveitou o acto para anunciar a doazón de dúas obras de X. Pousa á Fundación Xavier Pousa e dun autorretrato deste pintor a esta Fundación Xoán Piñeiro. O acto, que se desenvolveu nun ambiente afable e distendido, asistiron outros artistas, a alcaldesa de Tomiño e os veciños de Goián. | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
44 aniversario pasamento Xoán Piñeiro | |||
A Fundación Xoán Piñeiro convocou publicamente o día 20 de decembro ás 12 h., a celebración do 44 cabodano do escultor Xoán Piñeiro na praza do seu nome en Vigo para renderlle homenaxe. | |||
Foi un acto moi emotivo ao que acudiron familiares e amigos, onde o escultor Silverio Rivas relatou como se achegou á obra de Xoán Piñeiro; o presidente da Fundación, Xesús Vázquez, repasou as pegadas que o artista deixara en Vigo; e, a sua filla, tamén escultora Cuqui Piñeiro, lembrou na sua intervención os comentarios que sobre o seu pai lle facía a xente que visitaba o taller cando o abriu. No acto colocouse un ramo de flores no Autorretrato do artista instalado na praza. | |||
Fotos de Demetrio Monteagudo. | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Reunión Fundacion | |||
Neste ano 2024, a Fundación Xoán Piñeiro decidiu realizar a súa reunión anual en Cangas do Morrazo, na Casa Museo de Camaño Xestido, A Mangallona, cuxo anfitrión é membro deste padroado. | |||
Iniciouse a sesión coa incorporación de Miriam Elena Cortés López, profesora da Facultade de Historia do Arte da USC como novo membro do padroado. | |||
Dentro da orde do día contempláronse diferentes puntos entre os que estaban a publicación e presentacións a realizar do segundo tomo da colección Nerga dedicado a Silverio Rivas; Premio Exería 2025; Festa da Arte; formación dunha comisión para traballar nos libros que se decida publicar; Traballos e actividades a levar adiante en defensa da obra pública... | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
IV Edición Premios EXERIA 2024 | |||
O día 13 de xullo, celebrouse na Biblioteca EMAO o acto de entrega dos Premios EXERIA 2024 de Relatos Curtos, convocado pola Fundación Xoán Piñeiro e o Ateneo Atlántico. | |||
O acto contou coa presenza da presidenta do Ateneo, Luisa Abad e de Helena Pousa en representación da Fundación Xoán Piñeiro. | |||
Fixo pública a decisión do xurado Inma López Silva, presidenta do mesmo e madriña de honra de esta edición do certame. | |||
Toñi Caseiro leu o relato gañador desta edición. | |||
A actuación musical correu a cargo de Uxía. | |||
Segundo acta do xurado, o gañador do primeiro premio foi Francisco Javier Fernández Davila, co seu orixinal O derradeiro alento do boi, e o accésit recaeu en Soledad García Riveiro por Unha aldea de luz. | |||
Carmen Piñeiro entregou, a escultura realizada por Cuqui Piñeiro, correspondente ao primeiro premio. | |||
Vídeo entrega dos premios | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Reunión Fundacion | |||
Con data 2 de decembro deste ano 2023, reuniuse o Padroado da Fundación. Entre os puntos que se trataron, están os seguintes: A elaboración do monográfico da Colección Nerga e o Diario de Artista, que nesta segunda edición estarán dedicados aos escultores Silverio Rivas e Fernando Casás, respectivamente; a colaboración coa Facultade de Xeografía e Historia da USC; a colaboración co Ateneo Atlántico para o Certame Literario “Exeria”; as xestións realizadas para poñer en marcha o Museo Xoán Piñeiro; A creación de roteiros, co obxectivo da poñer en valor a obra pública escultórica de artistas en diferentes cidades ou vilas; alertar sobre as prácticas de vandalismo que con frecuencia fan desaparecer obra pública; ampliación do Padroado, coa incorporación de Mirian Elena Cortés López, profesora na USC da Facultade de Historia. | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Festa da Arte XI | ||
![]() |
![]() |
|
Entrega de los premios EXERIA | |||
![]() |
O día 13 de xuño de 2023 entregáronse os premios Exeria na súa terceira edición. | ||
Abriu o acto a cantautora M J Pérez coa interpretación de "O fío do que pendo" | |||
A presidenta do Ateneo, Luísa Abad, agradeceu aos patrocinadoras deste ano: Terras Gauda e Vieira, S. A., ademais da EMAO que moi xenerosamente ofrece o salón onde se desenvolve o acto. | |||
Helena Pousa, representante da Fundación Xoán Piñeiro e coorganizadora deste premio, falou sobre as dificultades que ten escribir un bo relato curto. | |||
Fernando Fernández, entregou a Pablo Nogueira campo por "Nó de mariñeiro" o diploma acreditativo do accesit e un talón por importe de 500 euros. | |||
Cuqui Piñeiro, membro desta Fundación, entregou o primeiro premio a Lois Alcayde Dans polo relato "Lugar fermoso" consistente nun cheque de 1000 euros, diploma e estatuta de bronce do que é autora. | |||
Rematouse o acto con outra peza musical de M. J. Pérez "Ora aperta amor" e pasamos a gozar dun viño galego e petisctos para celebrar estes premios no Patio de Gaitas da EMAO. | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
1º Roteiro Entre Esculturas | ||||
![]() |
O pasado día 25 de maio, a Fundación Xoán Piñeiro xunto co Ateneo Atlántico e o Instituto de Estudos Vigueses, organizaron o 1º Roteiro Entre Esculturas, unha iniciativa cuxo obxectivo pretende recoñecer e reflexionar sobre a escultura pública da cidade de Vigo. | |||
Este primeiro roteiro foi acompañado por Cuqui Piñeiro, José Luís Mateo e Mercedes Bangueses, comezou na Praza de Xoán Piñeiro, e continuou pola Praza da Independencia e a Praza de América, onde rematou cunha intervención de Silverio Rivas, autor da Porta do Atlántico. | ||||
Algunhas imaxes do acto: | ||||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
3º edición Certame "EXERIA" de Relato Curto 2023 | ||||
![]() |
||||
1.Este premio Exeria está convocado pola “Fundación Xoán Piñeiro” e o “Ateneo Atlántico” de Vigo e co patrocinio do grupo “S. A. Eduardo Vieira” e “Bodegas Terras Gauda”. | ||||
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen con un relato orixinal, inédito e non premiado. | ||||
3. O relato terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres incluídos os espazos e o título. Estará encabezado polo título, sen asinar e mecanografado cunha letra de 12 p. e a dobre espazo. | ||||
4. Os relatos axustaranse ao tema xenérico: “A ría, aperta de sal”. | ||||
5. Estableceranse dous premios que estarán suxeitos ás correspondentes retencións fiscais: | ||||
1º premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro. | ||||
2º premio: Accésit de 500 euros. | ||||
6. Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal | ||||
- No asunto do correo figurará o lema "Certame Exeria 2023". | ||||
- Ao correo xuntaranse dous documentos: un, co relato e o título, non levará ningún tipo de identificación. No segundo figurará o título do relato, o nome completo e o número de teléfono móbil do autor ou autora. | ||||
- As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío. | ||||
7. O prazo de presentación de orixinais comezará o 1 de marzo e rematará o 10 de maio de 2023. | ||||
8. O xurado estará presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural e integrado polas dúas gañadoras do Premio Exeria do ano 2022, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. O xurado completarase coa secretaria do certame, que contará con voz e non terá voto. | ||||
9. O ditame do xurado darase a coñecer nun acto público, convocado a tal fin, unha semana antes da entrega de premios que terá lugar ao longo do mes de xuño. | ||||
- A resolución do xurado será inapelable. | ||||
10. A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases e o compromiso de participar como xurado no 2024. | ||||
Vigo, 1 de marzo de 2023 | ||||
Faladoiro de Buciños no Teatro Principal de Ourense | |||
Imaxes do acto FALADOIRO CON BUCIÑOS celebrado no Teatro Principal de Ourense, o día 6 de octubre de 2022, correspondente a 1ª Edición de Diario de Artista, aprazado desde 2022 debido á pandemia do COVI: | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() ![]() |
||
Silvia Penas nun momento da interpretación de "Buciños ou modelar o amor co vento": | |||
![]() |
Festa Artística do Verán 2022 | |||
Un pracer colaborar como Fundación neste importante evento que seguro continuará ao longo dos vindeiros anos e que nós seguiremos apoiando. | |||
Parabéns a nosa compañeira e membro do padroado da Fundación Xoán Piñeiro pola magnífica exposición que organizou no marabilloso entorno da sua galería A+B co gallo da Festa Artística do Verán 2022. | |||
Fotos de Marcos Rodríguez. | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
|||
![]() |
![]() |
![]() |
|
![]() |
![]() |
||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
2º edición Certame Literario - Relato breve EXERIA | ||||
![]() |
![]() |
|||
A Fundación Xoán Piñeiro en colaboración co Ateneo Atlántico, e baixo o Patrocionio de Grupo Eduardo Vieira e Bodegas Terras Gauda, convoca a segunda edición do certame Literario Exeria de acordo coas seguintes bases: | ||||
1.- II Certame "EXERIA" de Relato Curto 2022 | ||||
2.- Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen con un relato orixinal, inédito e non premiado. | ||||
3.- O relato terá unha extensión máxima de 5.000 caracteres incluídos os espazos e o título. | ||||
Estará encabezado polo título, sen asinar e mecanografado cunha letra de 12 p. e a dobre espazo. | ||||
4.- Os relatos axustaranse ao tema xenérico: “Vigo, futuro imperfecto”. | ||||
5.- Estableceranse dous premios que estarán suxeitos ás correspondentes retencións fiscais: | ||||
1º premio: 1000 euros e unha figura da escultora Cuqui Piñeiro. | ||||
Accésit de 500 euros. | ||||
6.- Os relatos enviaranse ao enderezo de correo electrónico: exeria@ateneoatlantico.gal | ||||
No asunto do correo figurará o lema "Certame Exeria 2022". | ||||
Ao correo xuntaranse dous documentos: un, co relato e o título, non levará ningún tipo de identificación. No segundo figurará o título do relato, o nome completo e o número de teléfono móbil do autor ou autora. | ||||
As persoas participantes recibirán acuse de recibo do seu envío. | ||||
7.- O prazo de presentación de orixinais comezará o 1 de marzo e rematará o 10 de maio de 2022. | ||||
8.- O xurado estará presidido por unha persoa de recoñecido prestixio no eido cultural e integrado polas dúas gañadoras do Premio Exeria do ano 2021, unha persoa designada polo Ateneo Atlántico e outra pola Fundación Xoán Piñeiro. O xurado completarase coa secretaria do certame, que contará con voz e non terá voto. | ||||
9.- O ditame do xurado darase a coñecer nun acto público, convocado a tal fin, unha semana antes da entrega de premios que terá lugar ao longo do mes de xuño. | ||||
A resolución do xurado será inapelable. | ||||
10.- A participación nesta convocatoria implica a aceptación das normas contidas nas presentes bases. | ||||
Vigo, 1 de marzo de 2022 | ||||
Inauguración placa Rúa Xoán Piñeiro e presentación libro en Goián | |||
Entre os actos que a Fundación Xoán Piñeiro tiña previsto realizar para celebrar o centenario do nacemento do escultor, leváronse a cabo as seguintes actividades neste mes de novembro: | |||
Con data 19 de novembro de 2021 foi inaugurada en Goián (Tomiño), a placa que leva o nome da Rúa Xoán Piñeiro, cuio rostro quedou inmortalizado en bronce polo escultor Carlos Fernández con gran fidelidade. | |||
Vídeo da inauguración: | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Ese mesmo día no Centro Goianés, e a continuación do acto inaugural, foi presentado o primeiro dos libros que a Fundación vai dedicar á escultura, dentro da colección "Nerga": "Xoán Piñeiro". | |||
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Participaban na mesa: Gustavo Hervella, un dos autores do libro, Cuqui Piñeiro, o presidente da Fundación, Xesús Vázquez e a alcaldesa de Tomiño, Sandra González. | |||
Certame liteario EXERIA: Entrega de premios | ||||
![]() |
A Fundación Xoán Piñeiro e o Ateneo Atlántico, entregaron os premios do certame literario EXERIA na Escola Municipal de Artes e Oficios, nun acto con Silvia Penas como madriña, a música de Carmen Pením e Maurizio Polsinelli, con Anxo Cabadas e Xesús Vázquez presidente da FXP. | |||
As autoras dos microrrelatos premiados son Nones Araújo e Andreia Costas e no apartado de poesía, Azucena Arias e Adela Pintado. | ||||
Vídeo-resumo | ||||
![]() |
![]() |
![]() |
||
Álbum dixital BUCIÑOS OU MODELAR O AMOR CO VENTO | |||
A Fundación Xoán Piñeiro publicou o día 15 de maio de 2021, o Álbum dixital BUCIÑOS OU MODELAR O AMOR CO VENTO. | ![]() |
||
Este proxecto literario-musical, realizado por cintaadhesiva con música de Jesús Andrés Tejada e poemas de Silvia Penas formaba parte da homenaxe dedicada a Buciños dentro da 1ª Edición de Diario de Artista, que a Fundación Xoán Piñeiro tiña previsto realizar o pasado ano, e que foi aprazado con motivo do COVI-19. | |||
Pódese acceder ao proxecto completo, aquí. | |||
Ateneo Atlántico e Fundación Xoán Piñeiro: Certame literario "Exeria" | |||||
![]() |
![]() |
||||
A Fundación Xoán Piñeiro en colaboración co Ateneo Atlántico, convoca este certame de microrrelatos e de poesía "Exeria" (*). | |||||
![]() |
Temática: "Andainas pola arte urbana viguesa" | ![]() |
Premios: | ||
O tema é a cidade: a arte nas rúas: figuras escultóricas, monumentos, murais... | ![]() |
Microrrelato: Unha escultura elaborada pola artista Cuqui Piñeiro para a persoa gañadora e un vale para libros dunha librería da cidade para a finalista. | |||
![]() |
Poderá participar calquera persoa. | ![]() |
Poesía: Unha escultura elaborada pola artista Cuqui Piñeiro para a persoa gañadora e un vale para libros dunha librería da cidade para a finalista. | ||
![]() |
A extensión máxima para os microrrelatos será de 200 palabras. Para os poemas 150 palabras. | ![]() |
Composición do xurado: O xurado estará composto por cinco persoas: | ||
![]() |
Cada persoa participante en poesía ou narración poderá presentar tres textos como máximo. | ![]() |
Dúas da directiva do Ateneo (unha delas como secretaria con voz e sen voto) | ||
![]() |
A presentación dos textos farase por correo electrónico a este enderezo: | ![]() |
Unha persoa da Fundación Xoán Piñeiro | ||
ateneoatlantico@gmail.com | ![]() |
Tres a escoller por sorteo entre as persoas asociadas. | |||
Neste correo achegaranse dous arquivos: | ![]() |
O Ateneo resérvase o dereito de publicar na súa revista aqueles relatos e poemas que o xurado considere. | |||
![]() |
O título xunto co relato ou poema | ||||
![]() |
PLICA: Título da obra, nome completo do autor/a e número de teléfono. | (*) | Incorporamos como proposta o nome de Exeria para denominar o concurso. Máis información sobre Exeria aquí. | ||
![]() |
Data tope de presentación de traballos: 23 de abril de 2021 | ||||
![]() |
Data do ditame: 17 de maio día das Letras Galegas. | ||||
Conmemoración 100 ANIVERSARIO do nacemento de XOÁN PIÑEIRO | |||
Desde a Fundación Xoán Piñeiro, con motivo da celebración do 100 Aniversario do nacemento do escultor, organizáronse varias actividades: | ![]() |
||
![]() |
Exposición da súa obra en Santiago de Compostela | ||
![]() |
Publicación dun libro sobre a sua obra | ||
![]() |
Diferentes actos nos concellos de Cangas, Vigo e Tomiño | ||