TENDA
     
  XOÁN PIÑEIRO
 
Este é o primeiro volume de NERGA, unha colección de libros monográficos para combater o abandono de pensar sobre a escultura. Comezamos con Xoán Piñeiro e coa súa decidida idealización do figurativo e do abstracto.
 
Pero, igual que Xoán Piñeiro abriu portas escultóricas e vitais, este é o primeiro libro dunha serie que estudará escultoras e escultores de Galicia, pensará na súa obra e no seu tempo desde aquí e desde este agora que segue precisando reflexionar sobre as formas que ocupan o espazo.
 
Autoras/es:
Chus Martínez Domínguez (Coord.)
Gustavo Hervella García
Miriam Elena Cortés López
Carla Fernández Martínez
Colaboran: Concello de Cangas, Concello de Tomiño e Xunta de Galicia
   
Prezo: 20,00€ VÍDEO
 
Editorial: Fundación Xoán Piñeiro
Deseño gráfico: Pepe Barro
Nº de Páxinas: 268
Encadernación: capa rústica
Lingua: Galego
ISBN: 978-84-09-26877-1
 
Pedidos: Tfno.: 638918648  
 
     
  DIARIO DE ARTISTA>BUCIÑOS
 
Libro sobre Buciños, publicado na 1ª Edición Diario de Artista:Un libro que nos achega á vida mesma, unha escolla de lembranzas... Reportaxe fotográfica persoal e do taller. Obras, monumentos, espazos, ambientes, e tamén sentimentos en primeira persoa.
 
Textos: Camilo Franco
Fotografía: Mani Moretón/Fernanda Padín/Pepe Barro/Antón García
Colaboran: Deputación de Ourense e Xunta de Galicia
Tirada numerada e limitada de 700 exemplares.
 
Prezo: 20,00€ VÍDEO
 
Editorial: Fundación Xoán Piñeiro
Deseño gráfico: Pepe Barro
Nº de páxinas: 115
Encadernación: Tapa dura
Lingua: Galego
 
Pedidos: Tfno.: 638918648