DIARIO DE ARTISTA
A Fundación Xoán Piñeiro presenta a I Edición do Diario de Artista, dedicado aos escultores galegos coa intención de valorar o traballo recoñecible, pero tamén o silencioso e íntimo: velaí tamén o artista no seu medio. Nos fins desta Fundación está a valoración do traballo escultórico, tentando visibilizar todos e cada un dos aspectos da actividade plástica coa súa complexidade, procurando dignificar o traballo individual da creación, dándolle un maior alcance público e social. Somos sabedores da relación interminable de artistas dedicados á escultura que estamos obrigados a salientar. Iremos paso a paso.
O proxecto desta primeira cita engloba tres acontecementos (una exposición, un faladoiro e un libro que se lle entregará nunha cea de honra) que tentan agasallar ao artista e ao seu labor na plástica, case coma un desexo de reciprocidade para co noso patrimonio humano e artístico. Esta é unha das mensaxes que queremos transmitir nas nosas actividades e moi especialmente nesta: dar proxección pero tamén facer xustiza e corresponder a esa xenerosidade
EDICIÓNS:
1ª Edición Diario de Artista > Buciños