| |
| A cea de artista, celebrarase na sede social do Liceo de Ourense, o "Palacio dos Oca Valladares", unha xoia da arquitectura civil gótico-renacentista do século XVI, máis importante de Galicia, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2002. |
| |
| Nesta cea pública de honra a Manuel Buciños, entregaráselle o libro Diario de artista. Buciños. Un libro, que nos achega á vida mesma do artista: obras, monumentos, espazos, ambientes, unha relación documental... Todo arredor das palabras do escultor nunha longa entrevista de Camilo Franco. O libro estará a venda durante o transcurso da cea. |
| |
| A cea, celebrarase o día 5 de novembro deste ano 2022, ás 21 horas. As prazas estarán limitadas ás primeiras cen persoas que se anoten. |
| |
| As reservas, faranse dando o nome e apelidos, número de teléfono ou correo electrónico a: |
| ceadeartista-bucino@hotmail.com |
| Ou ben chamando ao teléfono: 988 220 650 |
| |
| O importe do menú, 35 €, hai que ingresalo na seguinte conta habilitada polo Liceo: IBAN ES 78.2080.5251.4930.01127213 |
| O prazo da reserva remata o día 2 de novembro de 2022. |
| |
 |
| |
| Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal,5, 32005) |
| Día: |
| Como chegar |
| |
| |
 |
|
O escultor Buciños, estivo arroupado nesta “Cea de Artista”, por familiares, amigos, outros compañeiros e compañeiras da profesión e autoridades. |
| |
| O presidente da Fundación Xoán Piñeiro, Suso Vázquez, fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en lembranza dos distintos actos que se realizaron dentro desta primeira edición do Diario de Artista, dedicada a Buciños, e que pechan con esta cea homenaxe a toda unha extensa e sólida traxectoria, que abrangue un capítulo propio na nosa plástica contemporánea. |
| |
 |
| |
| |
| |