Convenio entre a U.S.C. e a F.X.P. |
 |
|
Como resultado do convenio subscrito a finais do pasado ano 2018 entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Xoán Piñeiro, esta Universidade está a publicitar entre o alumnado para o presente curso 2019/2020, realizar prácticas de mestrado ou fin de grao na Fundación. |
|
Entre as actividades previstas, dentro do curso "La memoria gestionada - experiencias en patrimonio II" está a conferencia “El sueño de un artista. Xoán Piñeiro”, dirixida ao alumnado do “Máster Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercados do Arte” que imparte a facultade de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade das Palmas de Gran Canaria. |
|
A charla, que se impartirá en español, por ser unha clase presencial onde participa a Universidade de Canarias, realizarase mediante videoconferencia o mércores día 13 de novembro. Nela falarán o presidente da Fundación, Xesús Vázquez González e a historiadora da súa obra e membro do padroado desta Fundación, Cuqui Piñeiro. Comprenderá dúas partes: Na primeira farase unha descrición, breve e didáctica, da vida e obra de Xoán Piñeiro para que o alumnado se sitúe; e, na segunda parte explicarase, dun xeito práctico, o legado de Xoán Piñeiro, o porqué da Fundación, como se formou e que obxectivos persegue. |