FUNDACIÓN
MEMORIA
1998    
  Novembro Formalización da Fundación Xoán Piñeiro coas seguintes disposicións xerais:
     
    Denominación e natureza: «En virtude do dereito recoñecido no artigo 34.1 da Constitución Española, coa denominación de «Fundación Xoán Piñeiro, entidade de carácter fundacional, de interese galego, sen ánimo de lucro, cuxo patrimonio se vexa afectado de forma duradeira á realización dos fins de interese xeral que se establecen nestes estatutos» e cos seguintes fins:
     
      “A Fundación Xoán Piñeiro ten como obxectivo protexer, defender, difundir a obra do artista Xoán Piñeiro, promover a actividade escultórica, intercambiar experiencias con fundacións e asociacións da mesma natureza, crear o Museo Galego de Escultura e destinar os seus recursos á axuda á creación artística”.
     
      "O desenvolvemento do obxecto fundacional poderá ser realizado directamente pola fundación ou mediante a colaboración con outras entidades, organizacións, institucións ou persoas que contribúan á consecución dos fins fundacionais".
     
    O domicilio da Fundación estará situado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, Rea Xoán Piñeiro, nº 108, en Goián, Tomiño (Pontevedra).
     
    O desexo da familia do artista e doutros membros do padroado é crear esta Fundación de carácter cultural, artístico e divulgativo, seguindo o ronsel da que sempre foi a filosofía do escultor que impulsou en todo momento e con xenerosidade. a actividade escultórica con medios propios ao longo da súa vida.
     
    Aínda que os seus últimos anos transcorreu en Goián, onde tivo o seu obradoiro, os seus sentimentos seguen moi ligados a súa terra natal, o Hío en Cangas do Morrazo, así como o contacto permanente coa cidade de Vigo, presente biográfica e culturalmente.
     
  12 de decembro Primeira reunión do Padroado. Acta fundacional cos seguintes membros do padroado:
     
    Carmen Álvarez Carrera (Presidenta)
    Xesús Vázquez González (Vicepresidente)
    Carmen Gloria Piñeiro (Vogal)
    Blanca Caamaño Vázquez (Vogal)
    Marta Piñeiro Alvarez (Vogal)
    Cuqui Piñeiro Alvarez (Secretaria)
    Belén Piñeiro Álvarez (Vogal)
    Xavier Pousa (vogal)
    Manolo Buciños (vogal)
    Xose Luis Méndez Ferrin (vogal)
     
  17 de decembro A Comisión de Goberno do Concello de Tomiño acorda converterse en socio de honra da fundación.
1999    
  16 de xaneiro Aprobación en pleno polo Concello de Vigo da aceptación do nomeamento do Alcalde como vogal de honra do Padroado da Fundación Xoán Pñeiro.
     
  16 de marzo Presentación pública da Fundación Xoán Piñeiro na sala Sargadelos de Vigo coa presenza do alcalde de Tomiño.
     
  6 de abril Aprobación en pleno polo Concello de Cangas da aceptación do nomeamento do Alcalde como Presidente de Honra no Padroado da Fundación Xoán Piñeiro.
     
  18 de maio A Xunta de Galicia inscribe a Fundación Xoán Piñeiro co número 63 na Protectora de Fundacións de Interese Galego.
     
  19 de decembro Inauguración oficial por parte do Concello de Vigo da Praza de Xoán Piñeiro.
    Doazón da Fundación do Autorretrato do artista e placa conmemorativa realizada polo escultor Manuel Buciños.
2000    
  25 de abril Rolda de prensa coa presentación en Sargadelos, Vigo.
    I Premio de Escultura Xoán Piñeiro 2000.
    Con este premio trátase de estimular, axudar e promover a aqueles artistas con dificultades nos seus inicios para traballar nun campo artístico de difícil e prolongada aprendizaxe.
     
    Intercambio de Traballo e Investigación 2000.
    Iniciación nun ámbito artístico pouco accesible, caro e privado, que permite ao artista desenvolver o seu traballo creativo e persoal a través da experimentación técnica e industrial.
     
   
     
  30 de setembro Decisión do xurado (comisión de 3 mecenas) quedando 1 finalista en Intercambio de Traballo e Investigación Fundición 2000. Seleccionado o artista Jose Mª Ortiz Pereira.
     
   
     
  13 de outubro Exposición dos seleccionados para o I Premio Xoán Piñeiro de Escultura nas instalacións do Museo Municipal Pazo Quiñones de León.
    Colaboración co Concello de Vigo (un xurado externo formado por Marían Leboreiro (arquitecta), Juan Oliveira (escultor), Fernando Estarque Casás (artista), Camilo Franco (crítico de arte) e Pilar Rodal (licenciada en Belas Artes), asinan o seguinte comunicado o 17 de outubro de 2000.. "considerando que os traballos presentados están ben executados pero nos que non existe ningunha proposta innovadora que acade o nivel de calidade que esixe o premio. Este xurado declara deserto o premio".
2001    
  17 de febreiro Incorporación de Manuel Núñez Rodríguez como socio de honra da Fundación Xoán Piñeiro.
    Incorporación de Francisco Fernández del Riego como patrón e como presidente de honra.
     
  28 de novembro Cesamento por falecemento do empresario Xavier Pousa.
2002    
  8 de xaneiro Acto de Homenaxe a Xavier Posa no Teatro García Barbón de Vigo.
    Libro editado:
   
    Cd Editado:
   
     
2010    
  26 de novembro Falecemento do Patrón Francisco Fernández del Riego.
2012    
  18 de abril Préstamo de obra para a Exposición "Gallaecia Petrea" organizada pola Fundación Cidade da Cultura de Galicia en Santiago de Compostela.
2013    
  13 de xullo Inauguración da Exposición “Obradoiro e Artista”. Homenaxe do Concello da Guarda a Xoán Piñeiro. Casa dos Alonsos. Colaboración da Fundación Xoan Piñeiro.
    Catálogo:
   
    Cartel:
   
2018    
  18 de maio Acta cos seguintes acordos:
    Reforma e actualización dos Estatutos coas novas actividades fundacionais:
    “Para a consecución dos mencionados fins, a Fundación poderá realizar investigacións educativas, culturais, históricas, edición e difusión de traballos de investigación, revistas, libros, material audiovisual e comercialización de actividades de “merchandising” relacionadas coa súa actividade”.
    Formalización do novo Padroado:
    >Presidente do Padroado Xesús Vázquez González
    >Presidenta de Honra da Fundación, a viúva de Xoán Piñeiro, Carmen Álvarez Carrera.
    >Dimisión de Xose Luis Méndez Ferrín como mecenas e adhesión como socio de honra da Fundación Xoan Piñeiro.
    Incorporación dos novos membros ao Padroado:
    >Fernanda Padín Ogando, Camilo Franco Iglesias e Camilo Camaño Xestido.
     
  16 de xuño Acto público de lembranza a Xoán Piñeiro no cemiterio de Goián coa colocación dunha nova placa identificativa de bronce na tumba do artista.
   
     
  setembro Aprobación dun convenio de colaboración entre a Universidade de Santiago de Compostela e a Fundación Xoán Piñeiro para os posgraos e mestrados do Departamento de Historia da Arte Contemporánea.
2019    
    >Inicio da Campaña “Dignificación do Patrimonio Escultórico” a nivel galego.
    >1ª Edición de Diario de Artista.
     
  16 de febreiro Solicitude ao Concello de Tomiño dunha rúa co nome do Escultor Xoán Piñeiro.
     
  13 de abril Posta en marcha dos seguintes proxectos:  
    >Inicio da campaña "Dignificación do Patrimonio Escultórico" a nivel galego.  
    >1ª Edición de Diario de Artista dedicado a Manolo Buciños.
    >Inicio Monográficos escultura: Libro Xoán Piñeiro
    >Exposición en Fonseca de Xoñan Piñeiro para 2020.
     
  13 de novembro Conferencia “O soño dun artista. Xoán Piñeiro", dirixida ao alumnado do "Máster Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercados de Arte" impartido pola facultade de "Historia da Arte da Universidade de Santiago" de Compostela e a Universidade das Palmas de Gran. Canaria.  
    Por parte da Fundación Xoán Piñeiro, actuaron como relatores o seu presidente, Xesús Vázquez González, e o historiador da súa obra e membro do padroado desta Fundación, Cuqui Piñeiro.  
     
  21 de decembro Incorporación dun novo vocal ao Patronato:
    >Vicente Iglesias Martelo
    Posta en práctica do convenio de colaboración coa U.S.C.:
    >Prácticas de grao e máster na Fundación Xoán Piñeiro.
    >Prácticas de Comisariado coa Fundación Xoán Piñeiro.
2020    
  5 de marzo 1ª Edición Diario de Artista: Inauguración Exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel. “O artista e o taller”, comisariada por Cuqui Piñeiro.
    Actuación inaugural de Cristal Méndez e Mercé de Rande.
     
  12 de marzo 1ª Edición Diario de Artista: presentación libro “Diario de Artista. Buciños”.
     
  13 de marzo 1a Edición do Diario do Artista: Encontro social co artista no Teatro Principal. Este encontro social foi aprazado, ata novo aviso, en cumprimento das medidas preventivas promovidas para conter o COVID-19.
     
  30 de abril 1a Edición Diario de Artista: Entrega do libro e cea de honra ao artista Buciños no Liceo de Ourense. Esta cea foi aprazada, ata novo aviso, en cumprimento das medidas preventivas promovidas para conter o COVID-19.  
     
  15 de agosto 1ª Edición Diario de Artista: Clausura Exposición “O artista e o taller”.
     
  18 de outubro Conmemoración 100 aniversario do nacemento de Xoán Piñeiro:
    Exposición antolóxica de Xoán Piñeiro na Igrexa da Compañía ou da Universidad de Santiago de Compostela. Aprazada debido a la pandemia del COVID-19.
    Xornada sobre Xoán Piñeiro na “Casa Museo A Mangallona” en Cangas, organizada por Camilo Caamaño.
    Presentación ao pleno municipal do concello de Tomiño por parte da Fundación Xoán Piñeiro, da colocación do seu nome na rúa que conduce ao lugar onde o escultor tiña o seu taller, situado no barrio de Tollo en Goián.  
    Acto conmemorativo no Concello de Vigo na praza que leva o seu nome.
2021    
  25 de xaneiro Visita ao Concello de Cangas con motivo do falecemento do anterior alcalde (X. Manuel Pazos). A alcaldesa de Cangas, nova presidenta de honra. Volveuse a solicitar o cambio de ubicación da escultura de Xoán Piñeiro. Presentación do proxecto dunha gran escultura do "Mariñeiro" de X. P. para instalar en Cangas.
     
  16 de marzo A FXP colabora co Ateneo Atlántico no Certame Literario “Exeria”. Poesía e contos. Temática: Paseos pola arte urbana de Vigo.  
     
  13 de abril Entre as actividades previstas no curso "Memoria Xestionada - experiencias no patrimonio II", dirixido ao alumnado do "Máster Interuniversitario en Xestión do Patrimonio Artístico e Arquitectónico, Museos e Mercado da Arte", o presidente da Fundación Xoán Piñeiro, Xesús Vázquez, imparte unha conferencia na Universidade de Santiago de Compostela (USC), Facultade de Historia da Arte, baixo o título "A continuidade dun artista: Fundación Xoán Piñeiro".  
     
  15 de maio FXP lanza o disco dixital "BUCIÑOS OU MODELAR O AMOR CO VENTO". Un proxecto literario-musical, realizado por cinta adhesiva con música de Jesús Andrés Tejada e poemas de Silvia Penas, que formaba parte da homenaxe dedicada a Buciños na Primeira Edición de Diario de Artista, que esta Fundación tiña previsto levar a cabo o pasado ano, e a que foi aprazada debido ao COVI-19.  
     
  11 de xuño A Fundación Xoán Piñeiro e o Ateneo Atlántico entregaron os premios do certame literario EXERIA na Escola Municipal de Artes e Oficios, nun acto con Silvia Penas como madriña, a música de Carmen Pením e Maurizio Polsinelli, con Anxo Cabadas e Xesús Vázquez, presidente da FXP.  
    As autoras dos relatos premiados foron Nones Araújo e Andreia Costas; e, no apartado de poesía, Azucena Arias e Adela Pintado. Recibiron dúas esculturas de Cuqui Piñeiro.  
     
  16 de xullo O presidente de FXP asina un contrato con Arnoia Distribución de Libros, S.A. para a distribución do primeiro volume da colección NERGA “Xoán Piñeiro”.  
     
  27 de xullo Publicación do primeiro volume da colección NERGA, colección de libros monográficos editada pola Fundación Xoán Piñeiro para loitar contra o abandono do pensamento escultórico. Comezamos por "Xoán Piñeiro", coordinado por Chus Martínez Domínguez e coa participación de autores como Gustavo Hervella García, Miriam Elena Cortés López ou Carla Fernández Martínez.  
     
  29 de xullo Reunión do Presidente da FXP na Casa do Concello de Tomiño con Sandra González, Alcaldesa e Uxio Benítez, Deputado de Cooperación Transfronteiriza para presentar o Proxecto do "X.P. Museo Galego de Escultura".  
     
  9 de setembro Publicación do novo logotipo da Fundación Xoán Piñeiro, deseñado por Pepe Barro.  
     
  19 de novembro Placa de inauguración Rúa Xoán Piñeiro en Goián, Tomiño.  
    Presentación en Goián do libro "Xoán Piñeiro", primeiro libro da colección Nerga que edita a Fundación. Na mesa participaron: Gustavo Hervella, Cuqui Piñeiro, o presidente da Fundación, Xesús Vázquez e a alcaldesa de Tomiño Sandra González.  
2022    
  10 de marzo O presidente da Fundación Suso Vázquez e a integrante do padroado Cuqui Piñeiro estiveron no estudo-taller do escultor Silverio Rivas para informarlle do acordo que se tomou en relación coa dedicación do 2º volume de monográficos na colección Nerga que elabora a Fundación.
     
    A coordinación deste 2º volume da colección Nerga correrá a cargo de Miguel Anxo Rodríguez (Catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela) coa participación deJorge Viz (Doutor en Historia da Arte), e Uxía Otero González (Historiadora).
     
    A FXP Propúxoselles aos concellos de Tui e Ponteareas contribuír economicamente no financiamento da elaboración deste libro dedicado a este escultor.
     
  4 de abril A FXP en colaboración co Ateneo Atlántico convocou a 2ª Edición do Certame Litearario “EXERIA” de Relato Curto 2022. Este ano o tema dos relatos foi “Vigo, futuro imperfecto”.
     
  19 de abril Presentación do 1º volume da colección Nerga, dedicado a Xoán Piñeiro na libraría Couceiro en Santiago de Compostela. A presentación correu a cargo de Camilo Franco, xornalista, e as persoas integrantes do equipo de investigación: Carla Fernández Martínez, Miriam F. Cortés López e Gustavo Hervella G.
     
  6 de xuño A FXP presentou no Concello de Cangas un orzamento para a instalación en 1ª liña do paseo marítimo, da escultura a gran tamaño (3 m), “Volta ao Mar” de Xoán Piñeiro.
     
  15 de xuño O Ateneo Atlántico en colaboración coa FXP fixo entrega ás 19 horas, dos premios do certame literario EXERIA na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo (EMAO). O premio consistiu nunha escultura en bronce de Cuqui Piñeiro ademais dunha dotación económica. O Acto de entrega dos premios contou con Anxo Cabada, presidente do Ateneo e coa representación por parte da FXP da colaboradora do padroado, Helena Pousa, quen formou tamén parte do xurado e fixo entrega do Accésit.
     
  17 de xuño A FXP presentou no Concello de Tomiño o orzamento para a instalación no paseo do río Miño, da escultura en gran formato (4 m) “O Paxaro”, de Xoán Piñeiro.
     
  1 de xullo Inauguración na sala Anexa á Aula Antonio Fernández de Goián, dunha Exposición de Carlos Fernández, á que asistiu en representación da FXP Cuqui Piñeiro.
     
  xullo O presidente da Fundación, Suso, Miguel Anxo Rodríguez, Uxía Otero, Jorge Viz e Pepe Barro, reúnense con Silverio Rivas para traballar no proxecto do 2º volume monográfico da colección NERGA.
     
  10 de setembro A FXP colabora na festa de verán organizada en Goián pola galería “a+b” coa exposición de obra de Xoán Piñeiro e unha mesa de venda do primeiro libro publicano pola Fundación da colección Nerga.
     
  setembro Segunda reunión do presidente da Fundación, Suso, Miguel Anxo Rodríguez, Uxía Otero, Jorge Viz e Pepe Barro, con Silverio Rivas para traballar no proxecto do 2º volume monográfico da colección NERGA.
     
  6 de outubro Faladoiro con Buciños no Teatro Principal de Ourense, un dos actos programados pola Fundación para “Diario de Artista”. Unha charla con persoas próximas á vida do escultor (A filla, a irmá, un periodista) e o propio escultor. Ao final do acto houbo unha intervención escénica, musical e videocreación de “cintaadhesiva”: “Buciños ou modelar o amor co vento”, un poemario de Silvia Penas.
     
  8 de outubro Suso Vázquez, como representante da FXP, asiste á inauguración da exposición a cargo de Camilo Caamaño, na Mangallona (Cangas).
     
    Daniel Chano, profesor da USC, informa ao presidente da Fundación, que no marco do Convenio asinado con esta universidade, o alumnado poderá facer as prácticas de grao e de mestrado na Fundación.
     
  14 de outubro Reunión do presidente da Fundación, Suso Vázquez, con José Luís Mateo, da Asociación de Estudos Vigueses e Jorge Viz, historiador de arte, sobre a catalogación da obra pública de Camilo Nogueira.
     
  15 de outubro O presidente da Fundación, Suso Vázquez, reúnese con Pepe Barro para preparar o agasallo que se lle entregará a Buciños na súa Cea Homenaxe.
     
  27 de outubro O presidente da Fundación Xoán Piñeiro imparte unha conferencia titulada “Xoán Piñeiro. A continuidade dun artista” dentro das actividades previstas dirixidas ao “Mestrado interuniversitario en Gestión del Patrimonio Artístico y Arquitectónico, Museos y Mercado del Arte” que imparte a facultade de Historia do Arte da Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de As Palmas de Gran Canaria.
     
  5 de novembro A F.X.P., como acto de peche da 1ª Edición de Diario de Artista, dedicada ao escultor Buciños, realiza unha “Cea de artista” no Liceo de Ourense. O presidente da fundación fíxolle entrega dunha placa conmemorativa en lembranza dos distintos actos que se realizaron dentro da 1ª Edidición do Diario de Artista.
     
  6 de novembro O presidente da Fundación, Suso Vázquez, reúnese con X. Estévez para participar nun futuro proxecto de Espacio Público.
     
  25 de novembro Inauguración da exposición retrospectiva de Silverio Rivas “Eloxio do silencio”, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A exposición, comisariada por Beatriz de San Ildefonso, inclúe obras desde os seus inicios na abstracción ata a actualidade. Asistiron ao evento, en representación da Fundación, o seu presidente, Suso Vázquez e a patroa Cuqui Piñeiro.
     
  1 de decembro O presidente da Fundación, Suso Vázquez, reúnese coa alcaldesa de Tomiño en relación coa oferta da escultura de Xoán Piñeiro, realizada con data 17/06/2022, e o proxecto do Museo. Nesta reunión o concello de Tomiño aínda ten pendente a proposta da obra e, respecto ao Museo comunican que está en fase de estudo para enmarcalo nun proxecto cultural conxunto en Goián.
     
    Presentación da publicación “Xoán Piñeiro”, un dos primeiros libros publicados pola Fundación dentro da colección “Nerga”, a cargo de Camilo Franco, Vicente Iglesias e Cuqui Piñeiro, no Museo de Belas Artes da Coruña.
     
  7 de decembro Entrega a Manuel Cortes, exfuncionario da Unión Europea, dunha copia do Proxecto do Museo de Escultura Xoán Piñeiro, para adecualo aos requirimentos da convocatoria 2022/2027 dos fondos europeos da Fundación Galega Europa en Bruxelas.
     
  17 de decembro Reunión da Fundación en Vigo.
    A FXP incorporou unha persoa máis para formar parte do padroado: Isabel Riego.