ACTIVIDADES>Homenaxe a Xavier Pousa (2002)
HOMENAXE A XAVIER POUSA
 
Homenaxe que a Fundación Xoán Piñeiro realizou a Xavier Pousa o día 8 de xaneiro de 2002, no Teatro Afundación de Vigo, un ano e un mes despois do seu pasamento:
 
"... Xavier Pousa coa súa pousada conversa pincelaba as anécdotas, converténdoas en historias marabillosas, dignas do mellor contacontos.
 
Home honesto e solidario, coa súa visión persoal e teimuda nunca tivo un non para traballar pola cultura desta terra que amaba soberanamente, nunca, no censo máis amplio da palabra.
 
Pousa tivo tamén ese raro don de saber vivir, de compracerse aprendendo da vida, gozando dela, pintándoa sen presa, enfrontándose a ela mesmo cando a pouca saúde lle raspaba o brillo dos seus ollos.
 
A amizade, a relación familiar e a identificación tan firme co máis próximo, comprometeuno cos intereses da nosa Fundación dende a súa creación, a finais do ano 98, e cos proxectos dirixidos ao desenvolvemento da escultura en Galicia..."
 
Vídeos da homenaxe a Xavier Pousa
       
21:24 min. 21:40 min. 21:22 min. 9:39 min.
   
   
Libro homenaxe a Xavier Pousa Portada CD homenaxe a Xavier Pousa
   
Volver