ACTIVIDADES>Exposición "Taller e artista"
 
O sábado 13 de xullo de 2013, o concello de A Guarda rendeu homenaxe a figura de Xoán Piñeiro, inaugurando unha exposición que, coordinada pola Fundación Xoan Piñeiro, foi comisariada por Cuqui Piñeiro, directora da galería de arte e fundición “Arte Bronce”. A mostra, que se puido visitar durante un mes e medio no andar baixo da Casa dos Alonsos, sita na Praza do Reló de A Guarda, naceu coa ambiciosa intención de superar o simple carácter retrospectivo. Por esta razón, decidiuse converter o espazo expositivo nun obradoiro "aberto por obras", no que mostrar pezas pertencentes a diferentes etapas, materiais e técnicas, así como as súas creacións máis particulares, as que forman parte da colección familiar. Todo isto coa intención de que, a través do encontro que se producira entre a obra e o espectador, este conseguira captar a alma do artista, aquela que, segundo se recollía no texto do Catálogo da exposición “só permanece na memoria dos que coñeceron ao escultor dentro do taller”.
 
Na súa apertura interviron o alcalde da Guarda, José Manuel Domínguez Freitas, o concelleiro de Cultura, Antonio Lomba e o xornalista, Camilo Franco. O acto contou coas actuacións do grupo de clarinetes "Kla-son".
 
Cartel da exposición Catálogo da exposición
 
     

IMAXES

     
Volver