ACTIVIDADES>1ª Edición Diario de Artista>Buciños
Tarxeta deseñada por Pepe Barro
 
O proxecto DIARIO DE ARTISTA desta primeira cita engloba tres acontecementos:
 
Exposición no Centro Cultural Marcos Valcárcel / Inauguración 5 de marzo 2020 / 20 h. Peche 15 de agosto 2020
   
  O artista e o taller nunha exposición comisariada por Cuqui Piñeiro
  Actuación inaugural de Cristal Méndez e Mercé de Rande
  O libro Diario de Artista. Buciños estará á venda desde o día 12 de marzodurante a exposición.
   
 
Cumprindo coas medidas preventivas promovidas para a contención do COVID-19, adiamos os actos que veñen a continuación para o ano 2022:
 
Faladoiro co artista no Teatro Principal o xoves día 6 de outubro de 2022 ás 20:00 h.
   
  Entrada libre e gratuíta. Prégase recollela previamente o mesmo día no despacho de billetes do Teatro Principal entre as 18:00-20:00 h
  Unha conversa con Buciños conducida polo xornalista e escritor Camilo Franco.
  Actuación de Cinta Adhesiva: Buciños ou modelar o amor co vento, un poemario de Silvia Penas.
  O libro Diario de Artista.Buciños estará á venda no Teatro durante o transcurso do acto.
   
Libro e cea de honra ao artista no Liceo de Ourense, o venres día 28 de outubro de 2022 ás 20:30 h
   
  O libro Diario de artista. Buciños será entregado ao artista nesta cea pública no Liceo de Ourense.
  Velaí un libro que nos achega á vida mesma: obras, monumentos, espazos, ambientes, unha relación documental... Todo arredor das palabras do escultor nunha longa entrevista de Camilo Franco.
  O libro estará á venda no transcurso do acto.
  O prezo da cea e como anotarse, comunicarase proximamente.