ACTIVIDADES>1ª Edición Diario de Artista>Cea
CEA
 
A cea de honra, celebrarase na sede social do Liceo de Ourense, o "Palacio dos Oca Valladares", unha xoia da arquitectura civil gótico-renacentista do século XVI, máis importante de Galicia, declarado Ben de Interese Cultural no ano 2002.
 
Nesta cea pública de honra a Manuel Buciños, entregaráselle o libro Diario de artista. Buciños. Un libro, que nos achega á vida mesma do artista: obras, monumentos, espazos, ambientes, unha relación documental... Todo arredor das palabras do escultor nunha longa entrevista de Camilo Franco. O libro estará a venda durante o transcurso da cea.
 
A cea, celebrarase o día 28 de outubro deste ano 2022, ás 20:30 horas. As prazas estarán limitadas ás primeiras cen persoas que se anoten.
 
Proximamente indicaremos como hai que facer para anotarse.
 
 
Lugar: Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal,5, 32005)
Día:
Como chegar